Skip to content

arebla/revista

 
 

Repository files navigation

logo-momentum

Momentum, de carácter científico, busca ser un medio de comunicación tanto dentro coma fóra da Facultade de Física, coa finalidade de fomentar e cultivar o interese e a curiosidade pola física e a ciencia. Por medio de artigos de divulgación, novas científicas, entrevistas a personalidades, achegas sobre a historia e filosofía da ciencia, e mesmo algún que outro artigo de corte popular, a revista pretende ofrecer unha visión ampla e accesíbel.

Este proxecto, impulsado polo estudantado de Física da USC, naceu no ano 2025 co obxectivo de crear un recuncho de expresión que vaia máis aló do estritamente académico, aberto ás xeracións actuais, pasadas e vindeiras.

A equipa de Momentum agradece profundamente calquera suxestión. Non dubidedes en deixar a vosa pegada!

Exemplares anteriores: Revista Estudantil Momentum

Contacto: revistafisicaUSC@gmail.com

📝 Como participar na revista?

Hai varias formas de participar, segundo os intereses e inquedanzas de cada persoa:

  • Produción de contidos: escribir artigos, entrevistas, pasatempos..., xa sexa como colaboración puntual ou de maneira máis continuada. As contribucións envíanse ao correo electrónico de contacto, en formato plano ou LaTeX.

  • Comisión de Edición: encárgase de implementar o deseño visual, garantir a reproducibilidade dos códigos e coidar que o formato final sexa limpo, coherente e profesional.

  • Comisión de Corrección: vela pola calidade lingüística da revista a través da tradución e localización dos contidos, así como da corrección textual.

  • Comisión de Produción: xestiona recursos, promove a revista, mantén o contacto con institucións e colaboradores externos e procura apoios para garantir a lonxevidade do proxecto.

  • Comisión de Dirección: coordina o proxecto no seu conxunto, vela polo mantemento da identidade creativa da revista, coordina a sección de entrevistas e aproba os artigos enviados.

O proxecto funciona grazas á participación aberta: non importa se colaboras unha vez ou varias, toda achega é valiosa. Se tes dúbidas ou ideas, podes escribirnos ao correo ou preguntar nos grupos da DAF e da revista!

🔍 Índice de contidos

  1. Estrutura do repositorio
  2. Estrutura das revistas
  3. Artigo simplificado
  4. Compilación
  5. Outros enlaces e documentos

🗃️ Estrutura do repositorio

O repositorio contén:

  • revista.cls - Clase de LaTeX para a revista.
  • momentum-citacions.csl - Estilo de citas bibliográficas do Citation Style Language.
  • funcions.lua - Códigos feitos en Lua relacionados coa compilación e o control de versións.
  • latexmkrc e Makefile - Axudas para compilar a revista.

Cartafoles principais:

  • revistas/ - Contén as edicións da revista, cada unha nun subcartafol numerado (001, 002, ...). Cada edición inclúe o ficheiro principal .tex, os artigos correspondentes .tex, a base de datos bibliográfica .bib e un cartafol imaxes/.
    • A convención para nomear ficheiros é a seguinte: se o noso produtor de contido se chama Velni Diz Diz, o artigo será artigo_VELNI_DD.tex, as imaxes asociadas ao artigo comezaran por VELNI_DD_* e a bibliografía propia, no caso de tela, será bibliografia_VELNI_DD.bib.
.
└── revistas/
   ├── 001/
   │  ├── revista_001.tex
   │  ├── bibliografia_VELNI_DD.bib
   │  ├── artigo_VELNI_DD.tex
   │  └── imaxes/
   │     ├── portada_001.png
   │     └── VELNI_DD_tipos_nos.jpg
   ├── 002
   │  └── ...
   └── ...
  • logos/ - Logos da universidade, facultade e institucións colaboradoras en PDF.
  • fontes/ - Tipos de letra empregados na revista.
  • modelo/ - Cartafol co exemplo de artigo simplificado e as súas dependencias.
  • trebellos/ - Recursos auxiliares e outros scripts da equipa de edición.
  • docs/ - Documentación sobre a revista e os procesos de edición.

(voltar ao índice)

📰 Estrutura das revistas

Revistas

Os ficheiros comúns a todas as revistas, como o estilo da revista, revista.cls, e o estilo bibliográfico, momentum-citacions.csl, deben estar na raíz do proxecto.

Cada número da revista ten o seu propio cartafol en revistas/, e dentro destes é onde se gardan os ficheiros específicos de cada revista, como os artigos e as imaxes.

O ficheiro principal de cada revista noméase como, se é a revista número 001, revistas/001/revista_001.tex. Este é o ficheiro principal a compilar, e ten a forma seguinte (aproximadamente):

% Opcións: simple (só artigos) ou completa (portada, índice e contraportada)
\documentclass[completa]{revista}

% Comandos para definir a información de cada revista
\Numero{001}
\Data{Xaneiro do 1900}
\ImaxePortada{./revistas/001/imaxes/pedra.jpg} % Imaxe que aparecerá na portada
\ComentarioImaxePortada{Comentario que acompaña a imaxe.}
\CorResalte{ff0000} % Cor específico da revista, en HTML HEX
\CorTextoEnResalte{000000} % Cor do texto na portada e índice
\Participantes{
    {\Large \textbf{Dirección}}   \\[0.5cm]
        Lise Meitner              \\[0.2cm]
    {\Large \textbf{Edición}}     \\[0.5cm]
        Emmy Noether              \\[0.2cm]
    {\Large \textbf{Corrección}}  \\[0.5cm]
        Carl Sagan                \\[0.2cm]
}
\Despedida{Adeus!}
\Agradecementos{Grazas a todos!}

\begin{document}

\input{./revistas/001/artigo_HISTORIA_DA_CIENCIA.tex}
\input{./revistas/001/artigo_SALSEO_NA_FACULTADE.tex}

\end{document}

Os comandos \Numero, \Data, \ImaxePortada, \ComentarioImaxePortada, \CorResalte, \CorTextoEnResalte, \Participantes, \Despedida e \Agradecementos, deben estar presentes en cada revista xa que conteñen información específica de cada número. No tocante á imaxe da portada, cómpre que sexa exactamente cadrada para non ter problemas na compilación, isto pode facerse con programas como Inkscape, Gimp ou ImageMagick

Adicionalmente, tamén se definen os macros \LinkRepositorio, \Correo, \Drive, \WhatsApp inda que, nun principio, conteñen información que non se vai cambiar entre números. Para mostrar calquera destes valores só hai que prefixar o macro con imprime, e.g. \imprimeCorreo ou \imprimeNumero.

Máis información sobre a implementación e particularidades na clase da revista.

(voltar ao índice)

Artigos

Os artigos gárdanse no mesmo directorio que o revista_001.tex correspondente e inclúense no ficheiro principal usando \input{artigo.tex}. Teñen a seguinte forma:

% O comando \Titular permite definir a información concreta de cada artigo

\Titular*          % O asterisco fai que apareza unha sección nova no Índice
{divulgacion}      % (Obrigatorio) Estilo  Máis abaixo pódense atopar os estilos
                   %                       dispoñíbeis.
{Título do artigo} % (Obrigatorio) Título
{Axl Gato}         % (Opcional)    Autoría
{Subtítulo}        % (opcional)    Preferíbelmente non moi longo para que colla ben ^_^

\Bibliografia{revistas/001/bibliografia_AXL_G.bib} # Bibliografía para este artigo

\begin{multicols}{2} % Para ter varias columnas

\subsection*{Introdución} % As distintas partes sepáranse con 'subsections' SEMPRE

Bos días anduriños, neste artigo ensinareivos como facer fisión nuclear caseira
cun barreño e unha fonte de Plutonio-239 nos baños do PDI da facultade.

...

\subsection*{Agradecementos}
En primeiro lugar, denunciar á DAF polo desamparo económico e agradecer a
tódolos marabillosos profesores que tiven ata o momento. Por suposto, agradecer
tamén a [REDACTADO] por axudarme a sacar a fonte do laboratorio de nuclear.
Vémonos na próxima!!

\printbibliography
\end{multicols}

O macro \Titular é o centro de cada artigo: cambia as seccións da revista, reinicia numeracións, dá formato aos encabezados, define nomes...

Algunhas cousas a ter en conta:

  • Os encabezados que se poden usar son divulgacion, historia, actualidadeFacultade, actualidadeCientifica, filosofia, profesorado, entrevistas, programacion, pasatempos, anuncios, opinion, miscelanea e reportaxes. Podemos engadir máis baixo demanda.
  • Se queremos engadir unha nova sección ao índice, debemos usar o comando \Titular*, co asterisco.
  • O macro do \Titular ten catro opcións (estilo, título, autor e subtítulo), das cales só as dúas primeiras son obrigatorias, as outras dúas poden quedar en branco.

(voltar ao índice)

📄 Artigo simplificado

Existe un modelo de artigo simplificado para a xente que queira utilizalo no proceso de creación de contido ou que queira fedellar coa clase da revista. O artigo simplificado non require preocuparse pola estrutura do proxecto nin pola inicialización dos macros, polo que debería ser máis rápido de compilar. Tamén inclúe numerosos comentarios sobre as formas preferidas para engadir imaxes, citas e referencias.

Podedes encontralo nos releases da revista.

(voltar ao índice)

🧰 Compilación

Dependencias

Este proxecto usa LuaLaTeX para o proceso de compilación, xa que nos dá vantaxes no uso de distintas tipografías, dá acceso a \directlua, opcións de depurado usando o paquete lua-visual-debug, e máis facilidades á hora de crear documentos accesíbeis. As tipografías usadas están incluídas no directorio fontes/, polo que non é necesario instalalas.

Dependendo de onde se vaia compilar o proxecto hai dúas rutas:

  • Instalación local:
    • Para os paquetes, é recomendábel unha instalación completa de TeX Live 2025, xa que é a única versión que aseguramos que funcione e está dispoñíbel en tódolos sistemas operativos.
    • En Windows e macOS, MiKTeX descarga a última versión dos paquetes segundo sexan necesarios dende o repositorio oficial, CTAN, polo que tamén debería funcionar.
    • Se ides facer git clone do repositorio precisaredes instalar tamén git-lfs, que é o que empregamos para evitar gardar copias completas de todos os ficheiros pesados (imaxes, PDFs, fontes) en cada versión. Usando LFS, descárganse só as versións actuais e mantéñense punteiros ás anteriores, o que reduce moito o tamaño do repo. Se clonades o repositorio sen telo instalado, en vez dos ficheiros reais, teredes eses punteiros de texto e o proxecto dará erros na compilación.
  • Execución en liña (Overleaf):
    • No Overleaf ides a Menu -> Settings e cambiades Compiler: LuaLaTeX e TeX Live version: 2024.
    • Ollo! Coa última actualización reduciuse o tempo de compilación, co que é posíbel que non poidades compilar o proxecto enteiro, só artigos individuais ou, en ocasións, nin iso.

(voltar ao índice)

Como compilo isto?

A forma máis sinxela de descargar e compilar o proxecto é

  1. Neste repositorio, premer o botón verde de CODE e descargar o ZIP.
  2. Compilalo:
    • (Local) Tras descomprimilo, abrir o proxecto no voso editor de confianza e compilar o ficheiro da revista, por exemplo revistas/001/revista_001.tex.
    • (Overleaf) Importar o ZIP e no panel esquerdo seleccionar o ficheiro principal, por exemplo revistas/001/revista_001.tex.

Alternativamente, se tedes preferencias máis minimalistas, podedes compilar as revistas no terminal co latexmk:

latexmk ./revistas/001/revista_001.tex

Tamén deixamos un Makefile moi conveniente para os que usen sistemas baseados en Linux, co que é posíbel facer:

make numero=001                       # Compilar a revista número 001
make numero=001 impresa               # Xerar a versión impresa (require pymupdf>=1.26.7)
make numero=001 propaganda cor=E66F00 # Xerar a propaganda dunha cor determinada (en HEX)
make limpa                            # Limpar os ficheiros auxiliares
make modelo                           # Obter un ZIP cos ficheiros do artigo simplificado

Por defecto, coa configuración de latexmk adxunta, ao compilar unha revista o PDF que se xere gárdase no directorio .pdf/ e os ficheiros auxiliares en .aux/.

(voltar ao índice)

📚 Outros enlaces e documentos

No cartafol docs/ inclúense ficheiros con ligazóns útiles, información relevante da revista e sobre o proceso de edición.

(voltar ao índice)

📜 Licenzas

Este proxecto utiliza recursos de terceiros suxeitos ás seguintes condicións de licenza:

Recurso Función Licenza
Latin Modern Tipografía de texto GUST Font License (baseada en LPPL)
Nerd Fonts Iconografía MIT License

About

MOMENTUM: a revista estudantil da Facultade de Física da USC

Resources

Stars

Watchers

Forks

Contributors

Languages

  • TeX 91.1%
  • Typst 5.6%
  • Lua 1.2%
  • Shell 0.8%
  • Makefile 0.6%
  • Python 0.6%
  • Perl 0.1%